martes, agosto 29, 2006

Replicante



As miñas mans fixéronse para ti,
o meu corpo foi inventado
para que o posuíras
para que lle deras forma
coas túas cores imaxinarias.


Din que son un produto maquinado
por estraños enxeñeiros
que elaboraron soños,
que todo foi calculado
seguindo un guión previo
para ser a Replicante perfecta
ao teu servizo.

Botámonos a amar
cos algoritmos prendidos dos ollos
cando críamos nas tardes infindas
e o xogo era o mellor reclamo
para seguir vivos.


Un corazón binario
foi perpetrando un adeus translúcido.
Non te culpes,
nada podía cambiar o que xa estaba escrito.
Se cadra é que esquecín
dicirche
que o meu nome é Hal.


--> traducción

en Poética in Blue

No hay comentarios: