"Porque, vista desde o aire, Feás descansa coma un groliño de leite quente nunha enorme cunca. E aínda que, nesa visión, ofrécese aos ollos coma un lugar illado, a presenza do home nesas terras remóntase á época castrexa, tal e como así dan fe as milenarias mámoas espalladas polos diferentes lugares da parroquia, peitos da terra nai alimentando aos seus moradores."
("O paxaro de nácara", ed. Galaxia, 2019)