martes, agosto 04, 2009

Pé espido





A Antonio F. Marín



Os ollos balancéanse
nun mar hipnótico e perfecto.
Cada onda descubre un novo movemento
deste xogo entre brancas e negras
en regras transgredidas
por xogadores atentos.

O desexo deslízase pola ponte
e unha lingua imaxinaria
percorre o pé espido
nun caracoleo do voo fuxitivo
da húmida bolboreta
que emprende o rumbo
na ollada que se entrega.

Un,
dous,
tres...



es meu.




(A ollada de Astarté, Ed. Espiral Maior, 2007)

Traducción al español: aquí.