SOMBRAS
Nun mar de palabras
unha voz no cardume
a brazadas coa noite
mordendo lúas.
.................Peneira dun soño
.................(de un ser non sendo)
.................coa dor pecha dun pobo
.................mil veces aldraxado.
Nai azul
durmido salgueiro
pombas nas mans florecendo.
Sombras en ti somos
sombras
sombras.
(en Poetas con Rosalía, V, ed. Fundación Rosalía de Castro, 2010)




